A PERSOA USUARIA que accede e usa esta páxina web coñece e acepta as condicións xerais aquí redactadas, e as modificacións que se produzan, debendo acceder periodicamente a estas para o seu coñecemento.
A páxina web comprende os textos, gráficos, imaxes, vídeos, sons, debuxos, fotografías e software incluídos na mesma, xa sexan susceptibles ou non de propiedade intelectual.
PRIMEIRA.- TITULAR DA WEB
Post-Growth Innovation Lab (en adiante PGILab), grupo de investigación creado no seo da Universidade de Vigo, a cal é titular do dominio https://esee-degrowth2024.uvigo.gal/. PGILab é un grupo con domicilio social en rúa Benito Corbal 45, 36001, Pontevedra, España a efectos de notificacións, con C.I.F. Q-8650002B, e pode ser contactado a través da dirección de correo electrónico esee-degrowth2024@uvigo.gal.
SEGUNDA.- OBXECTO DA WEB
PGILAB pon a disposición do público (en diante PERSOA USUARIA), que acceda ao dominio esee-degrowth2024@uvigo.gal información e datos (en adiante CONTIDOS), mediante unha web de carácter informativa.
TERCEIRA.- ACCESO Á WEB
O acceso e uso da WEB pola PERSOA USUARIA é gratuíto, sen previa autorización, subscrición ou rexistro.
O acceso e uso do PERSOA USUARIA a esta WEB non implica ningunha obriga sobre a calidade e velocidade do acceso por parte de PGILAB, que poderá modificar as condicións de acceso ou suspender o acceso á WEB, ou parte dela, sen previo aviso, non responsabilizándose PGILAB das consecuencias, danos e prexuízos ocasionados pola modificación do acceso e a suspensión da WEB.
O hardware e software necesarios para acceder á WEB serán por conta da PERSOA USUARIA. PGILAB non será responsable do funcionamento nin das consecuencias destes, nin dos dereitos de uso ou licenzas requiridos para a súa utilización.
Tampouco será responsable PGILAB de ningunha anomalía, mal funcionamento, deterioro, borrado de datos ou software que se produza nos equipos ou sistemas da PERSOA USUARIA, coma consecuencia directa ou indirecta do acceso ou intento de acceso á WEB.
O servizo prestado por PGILAB mediante a súa WEB é por tempo indefinido, sen prexuízo de poder suspenderse ou cancelarse esta sen previo aviso.
CUARTA.- CONTIDOS DA WEB
Os CONTIDOS da web son proporcionados por PGILAB.
O idioma utilizado por PGILAB na WEB será o Galego, sen prexuízo da utilización doutras linguas internacionais, nacionais ou autonómicas. PGILAB non se responsabiliza da non comprensión ou entendemento do idioma da WEB pola PERSOA USUARIA, nin das súas consecuencias.
PGILAB poderá modificar os contidos sen previo aviso, así como suprimir e cambiar estes dentro da WEB, como a forma en que se accede a estes, sen xustificación algunha e libremente, non responsabilizándose das consecuencias que os mesmos poidan ocasionar á PERSOA USUARIA.
Son propiedade de PGILAB todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual da WEB, así como dos contidos que alberga. Calquera uso da WEB ou os seus contidos deberá ter un carácter exclusivamente particular. Está reservado exclusivamente a PGILAB calquera outro uso que supoña a copia, reprodución, distribución, transformación, comunicación pública ou calquera outra acción similar, de todo ou parte dos contidos da páxina web, así como desta mesma, polo que ningunha PERSOA USUARIA poderá levar a cabo estas accións sen a autorización previa e por escrito de PGILAB.
Prohíbese o uso dos contidos da WEB para promocionar, contratar ou divulgar publicidade ou información propia ou de terceiras persoas sen a autorización de PGILAB nin remitir publicidade ou información valéndose para iso dos servizos ou información que se poñen a disposición da PERSOA USUARIA, independentemente de se a utilización é gratuíta ou non.
As ligazóns ou hipervínculos que incorporen terceiros nas súas páxinas web, dirixidos a esta WEB, serán para a apertura da páxina web completa, non podendo manifestar, directa ou indirectamente, indicacións falsas, inexactas ou confusas, nin incorrer en accións desleais ou ilícitas en contra de PGILAB.
PGILAB non se fai responsable da fiabilidade e rapidez dos hipervínculos que se incorporen na WEB para a apertura doutras. PGILAB non garante a utilidade destas ligazóns, nin se responsabiliza dos contidos ou servizos aos que poida acceder a PERSOA USUARIA por medio destas ligazóns, nin do bo funcionamento destas webs.
QUINTA.- PERSOAS USUARIAS DA WEB
As PERSOAS USUARIAS que accedan á WEB de PGILAB farano conforme á Lei, e obríganse en todo momento a non acceder á web e aos contidos de forma contraria á establecida e/ou con fins ilícitos, lesivos de dereitos e liberdades de terceiros, ou que poidan danar, deteriorar, saturar ou retardar a web, en prexuízo de PGILAB ou de terceiras PERSOAS USUARIAS.
As PERSOAS USUARIAS non farán uso dos contidos da WEB de forma contraria á Lei, (especialmente a Lei de Propiedade Intelectual e Industrial) usos e costumes e orde público, nin copiarán, distribuirán, difundirán, transformarán, modificarán ou manipularán estes.
PGILAB non dispón na súa WEB de produtos ou servizos a disposición dos PERSOA USUARIAS onde estes deban introducir calquera tipo de contidos ou información, como poden ser grupos de noticias, chat, foros ou outros de carácter similar.
O acceso aos contidos da WEB por parte da PERSOA USUARIA será baixo a súa total responsabilidade non podendo repercutir a PGILAB calquera consecuencia derivada directa ou indirectamente do acceso á web, xa sexan de ámbito físico, lóxico, moral ou persoal.
PGILAB poderá responsabilizar á PERSOA USUARIA que, facendo un mal uso da WEB, causase danos ou prexuízos a terceiras persoas, así como dos posibles virus ou programas informáticos que puidese introducir, xerar, aloxar na web, e deterioren ou poidan deteriorar tanto os contidos como o bo funcionamento desta, así como os equipos, sistemas e programas das PERSOAS USUARIAS da web.
PGILAB poderá dirixirse contra as PERSOAS USUARIAS sobre todas as reclamacións, indemnizacións, multas ou sancións administrativas que recaesen sobre PGILAB e sexan responsabilidade directa ou indirecta dalgún PERSOA USUARIA dos contidos ou servizos da WEB.
Todas as PERSOAS USUARIAS que coñezan algunha actuación que estea a deteriorar ou poida deteriorar o bo funcionamento da WEB de PGILAB modificar ou alterar os contidos desta, deberán comunicalo inmediatamente a PGILAB.