Galería de imaxes da Conferencia
¡Xa podes acceder á galería para ver todas as fotografías da Conferencia!
¡Xa podes acceder á galería para ver todas as fotografías da Conferencia!
Foron catro días cunha intensa programación académica e social na que se realizaron máis de 100 actividades e participaron 1200 persoas.
Faladoiro - Decrecemento ou Barbarie: un diálogo sobre o futuro da sociedade con Antonio Turiel, Alicia Valero e Jaume Franquesa Venres 21 de xuño, 18.00h
A 10ª Conferencia Internacional de Decrecemento e a 15ª Conferencia da Sociedade Europea de Economía Ecolóxica (ESEE) terán lugar na cidade de Pontevedra (lien externe) (Galicia [España]) do 18 ao 21 de xuño de 2024. Esta conferencia conxunta desenvolverase no marco das actividades "Pontevedra ESEE-Degrowth 2024", convertendo a Pontevedra na capital europea do decrecemento en 2024.
O evento, titulado “Ciencia, tecnoloxía e innovación máis aló do crecemento: cultivando a creatividade colectiva para un futuro sostible”, contará con dous tipos de actividades:
O evento está organizado ao redor dos (lien externe)principios do decrecemento (lien externe), cun firme enfoque na mellora do benestar humano e ambiental, fomentando a cooperación, a democracia, a inclusión, a transparencia e a solidariedade. O Comité Organizador quere facer unha cordial invitación a todas as persoas para que se unan a nós na acolledora cidade de Pontevedra.
Mantente en contacto connosco e recibe as novidades a través do noso sitio web e seguíndonos nas redes sociais, onde atoparás a información e as novas máis recentes.
Aínda que o evento conta principalmente co apoio destas entidades, a organización segue unha filosofía de colaboración, participando académicas e académicos dunha ampla rede de centros de investigación e universidades, administracións locais e rexionais, activistas, artistas, empresas locais, a cidadanía e outros axentes.
A Conferencia conxunta da Sociedade Europea de Economía Ecolóxica (ESEE) e do movemento internacional de Decrecemento celebrarase en Pontevedra en xuño de 2024. O Lérez é o río que atravesa a cidade e que serve de inspiración para a identidade deste evento. Atravesa o círculo, conectando ás persoas coa auga e a natureza. O símbolo representa un punto de encontro para as diferentes disciplinas académicas, estudantado e público: un lugar social para importantes debates e intercambios de coñecemento.
Rights reserved: Jess Parker (lien externe)
Information
Credits
Transcription