Ciencia, tecnoloxía e innovación máis aló do crecemento : cultivando a creatividade colectiva para un futuro sostible

ESEE-Degrowth 2024: Así foi

Foron catro días cunha intensa programación académica e social na que se realizaron máis de 100 actividades e participaron 1200 persoas.

Próxima retransmisión

Faladoiro - Decrecemento ou Barbarie: un diálogo sobre o futuro da sociedade con Antonio Turiel, Alicia Valero e Jaume Franquesa Venres 21 de xuño, 18.00h

PRÓXIMA RETRANSMISIÓN

A 10ª Conferencia Internacional de Decrecemento e a 15ª Conferencia da Sociedade Europea de Economía Ecolóxica (ESEE) terán lugar na cidade de Pontevedra (Galicia [España]) do 18 ao 21 de xuño de 2024. Esta conferencia conxunta desenvolverase no marco das actividades "Pontevedra ESEE-Degrowth 2024", convertendo a Pontevedra na capital europea do decrecemento en 2024.

O evento, titulado “Ciencia, tecnoloxía e innovación máis aló do crecemento: cultivando a creatividade colectiva para un futuro sostible”, contará con dous tipos de actividades: 

  • A Conferencia principal terá lugar do 18 ao 21 de xuño de 2024 e abarcará unha ampla gama de sesións, incluídos relatorios académicos, paneis de expertos e talleres artísticos. Cunha participación de máis de 1200 asistentes, entre persoas académicas e activistas, nesta conferencia preténdese reunir unha gran variedade de perspectivas e coñecementos internacionais sobre economía ecolóxica e decrecemento. 
  • A participación cidadá e as iniciativas orientadas á cidadanía (Máis aló da Conferencia), desenvolveranse ao longo do ano e durante os días da conferencia, nos que haberá actividades especiais en diversos lugares da cidade. Estas actividades estarán abertas ao público e abarcarán a realización de talleres, debates, exposicións e concursos, ofrecendo oportunidades para a implicación e a participación activas. 

O evento está organizado ao redor dos principios do decrecemento, cun firme enfoque na mellora do benestar humano e ambiental, fomentando a cooperación, a democracia, a inclusión, a transparencia e a solidariedade. O Comité Organizador quere facer unha cordial invitación a todas as persoas para que se unan a nós na acolledora cidade de Pontevedra.

Mantente en contacto connosco e recibe as novidades a través do noso sitio web e seguíndonos nas redes sociais, onde atoparás a información e as novas máis recentes.

Entidades promotoras

Aínda que o evento conta principalmente co apoio destas entidades, a organización segue unha filosofía de colaboración, participando académicas e académicos dunha ampla rede de centros de investigación e universidades, administracións locais e rexionais, activistas, artistas, empresas locais, a cidadanía e outros axentes.

¿Gústache o noso logotipo?

A Conferencia conxunta da Sociedade Europea de Economía Ecolóxica (ESEE) e do movemento internacional de Decrecemento celebrarase en Pontevedra en xuño de 2024. O Lérez é o río que atravesa a cidade e que serve de inspiración para a identidade deste evento. Atravesa o círculo, conectando ás persoas coa auga e a natureza. O símbolo representa un punto de encontro para as diferentes disciplinas académicas, estudantado e público: un lugar social para importantes debates e intercambios de coñecemento.