Proxección e presentación - 2020: The Walk + La Cultura Declara la Emergencia

Proxectarase a película "2020: The Walk", que mostra a viaxe realizada a pé pola artista e activista Marta Moreno Muñoz de Granada a Helsinqui para concienciar sobre a emerxencia climática. A continuación realizarase a presentación da iniciativa "La Cultura Declara la Emergencia", o nodo no estado español de "Culture Declares Emergency", un proxecto xurdido coa intención de mobilizar un novo movemento activista climático desde o sector cultural; diseñar xuntas ADNVs dirixidas aos museos e outras institucións; e celebrar asembleas culturais nos diferentes territorios capaces de inspirar e traballar con outras persoas e colectivos internacionalmente.

  • Cando: Mércores 19 de xuño de 2024, 17.30h
  • Onde: Casa das Campás - lien externe (Rúa de Don Filiberto, Pontevedra)
    • Quen: Marta Moreno Muñoz (Extinction Rebellion) e Neus Crous (Universitat de Girona)

    A actividade desenvolverase en inglés

    2020: The Walk

    2020: The Walk é un proxecto da artista, investigadora e activista Marta Moreno Muñoz, unha viaxe a pé entre Granada e Helsinqui - con algúns trens e un ferri, e de aí ao permafrost - para difundir ao seu paso o ideario de Extinction Rebellion, movemento social internacional cuxo obxectivo é influír sobre os gobernos do mundo e as políticas ambientais mediante a desobediencia civil non violenta para minimizar o quecemento global, a perda de biodiversidade, a extinción masiva de especies e o risco de colapso social e ecolóxico. 

    O artista Oscar Martín, que se uniu a Marta nesta travesía, confluíu en 2020: The Walk como un acto que nace do desexo político de poñer o corpo ante a crise ecosocial á que nos enfrontamos. Ao longo dos 4000 quilómetros do traxecto conectaron con compañeiras rebeldes e outras activistas climáticas de movementos afíns en España, Francia, Alemaña, Dinamarca, Suecia e Finlandia. A travesía foi documentada nunha película e un libro, no que colaboraron activistas e expertas en distintos campos. 

    La cultura declara la emergencia

    La Cultura Declara la Emergencia, con orixe no Reino Unido, ten como obxectivo que las institucións e individuos vinculados ao mundo de la cultura se posicionen fronte á crise climática e ecolóxica e fronte á inacción criminal dos gobernos, asinando e adheríndose publicamente á súa declaración. 

    É un crecente movemento internacional de persoas e organizacións das artes e a cultura que declararon unha emerxencia climática e ecolóxica. Lanzado en 2019, o seu imaxinario colectivo inclúe agora as voces creativas de profesionais de la cultura, artistas, artesáns, intérpretes, educadores, produtores e locais de todo o Reino Unido e tamén con centros internacionais en India, Australia, Estados Unidos, Alemaña e España.

    Os seus valores susténtanse en Dicir a Verdade, Actuar e Esixir Xustiza. Declaran que os sistemas que sosteñen a vida na Terra están en inminente perigo e que isto ameaza tanto á civilización humana como á biodiversidade da que ela depende. O sector cultural é un dos contribuíntes máis activos na creación dun futuro rexenerativo que protexa o planeta e sosteña a todxs, en todas partes.