Concerto - Abe Rábade: Botánica

O albúm "Botánica" de Abe Rábade está integrado por 14 composicións orixinais dedicadas á vexetación autóctona de Galicia e forman un campo de visión aberto ao mundo que fusiona o rural co urbano. A escritura musical e o piano de Abe Rábade atópanse coa voz e a percusión tradicional galega dun dos valores máis prestixiosos da actualidade: Davide Salvado. Daniel Juárez ao saxo tenor, Virxilio da Silva á guitarra, Ton Risco ao vibráfono, Jimena Andión ao violoncelo, Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Naíma Acuña á batería completan un colectivo artístico heteroxéneo, baseado na integración da estética musical e a exploración libre de prexuízos.

  • Cando: Thuesday 18 June 2024, 19.30h
  • Onde: Pazo da Cultura - lien externe, Pontevedra. A asistencia en persoa estará restrinxida ás persoas rexistradas na Conferencia ESEE-Decrecemento 2024, pero poderá seguirse de maneira remota a través da canle de YouTube do Post-Growt Innovation Lab.