Proxección e faladoiro - Alter Nativas: Construyendo Futuros Posibles

"ALTER NATIVAS" é un documental sobre a transición ecosocial que pretende inspirar outros futuros posibles. Unha película colaborativa que pretende abordar cuestións concretas dende un enfoque proactivo. ¿Como podemos facer fronte á situación actual e adaptarnos a unha realidade cambiante? ¿Que alternativas individuais e colectivas están a poñerse en marcha para transitar cara a comunidades resilientes e estilos de vida máis sostibles? ¿Que novas historias e experiencias poden configurar o futuro dos nosos barrios, pobos e cidades? ¿Como podemos empezar a camiñar cara a unha nova economía que promova a xustiza social, o decrecemento e a harmonía para o noso planeta e para nós mesmas? Este documental pretende responder a todas estas preguntas mostrando iniciativas de diversos ámbitos que poden inspirar á xente para pasar á acción.

Table of contents
  • Cando: Mércores 19 de xuño 2024, 20.45h

Sobre Juan del Río
Autor e cineasta social e ambiental. Facilitador e consultor sobre transición ecosocial. Biólogo, activista e divulgador. Membro de Rede de Transición e ECOLISE, a Rede Europea de Iniciativas Comunitarias sobre Cambio Climático e Sustentabilidade. Pai e xardineiro

A actividade desenvolverase en castelán e inglés

AXENDA

  • 20:45h - Introdución ao documental por parte do seu co-director, Juan del Río
  • 21.00h - Proxección da película
  • 23.00h - Q&A e conversación co director e convidadas especiais

Máis sobre Alter Nativas

"Alternativas", do latín Alter (outro) e Nativus (nado), refírese á procura de novas realidades, e novas orixes. Este é o punto de partida deste proxecto documental: mostrar iniciativas innovadoras de transición socioecolóxica. Diversas experiencias dan resposta á crise sistémica mundial (enerxética, económica, ecolóxica, social, cultural e epistémica) que estamos a sufrir.

¿Cales son os contidos?

O documental pretende mostrar:

  • Iniciativas de transición ecosocial e decrecemento en sentido amplo. Iniciativas transformadoras e innovadoras que fomentan unha cultura rexenerativa.
  • Procesos de cambio a nivel ecolóxico, económico, social e cultural.
  • Diferentes ámbitos interrelacionados onde o proceso de transición é clave: enerxía, mobilidade, alimentación, vivenda, educación, gobernanza, economía etc.
  • Procesos de transición, tanto a nivel colectivo como individual.
  • O que impulsa ás persoas participantes para desenvolver os seus proxectos.
  • O itinerario emprendido pola iniciativa: punto de partida, como evolucionan, conflitos (internos e externos) que xorden e como os superan.

Proxección internacional

Alter Nativas é unha película estreada en 2023. A película proxectarase en versión orixinal (castelán, catalán e un pouco de inglés) con subtítulos en inglés. A súa duración é de 115 min.

Este evento está coorganizado por Rede de Transición - Transition Spain - lien externeECOLISE - lien externe, a Rede Europea de Iniciativas Comunitarias sobre Cambio Climático e Sustentabilidade, como parte da Conferencia Internacional ESEE-Decrecemento 2024 - lien externe.

Apoio

APOIO

Esta película ten sido posible grazas á colaboración de centos de persoas, e foi cofinanciada a través dunha campaña de crowdfunding. Agora está na súa fase de promoción e precisa máis apoio económico para sufragar os gastos que conleva, e facela chegar ao maior número de persoas posible. Na entrada para este evento poderás elixir canto queres e podes achegar para iso. Tamén podes doar directamente aquí - lien externe.

Se queres apoiar a tradución dos subtítulos a outros idiomas ou a organización de proxeccións tamén podes escribir a info@alternativasdocumental.info - lien externe