- Cando: 21 de xuño de 2024, 20.30h
- Onde: Carpa de Plenarias - lien externe (Campus A Xunqueira, Pontevedra)
¡Aberto a todo o público! Non é precisa inscrición previa
Logo dunha intensa semana de actividade, pecharemos a Conferencia Internacional ESEE-Decrecemento 2024 cun fantástico evento no que teremos música en directo, postos de comida e bebida e unha gran queimada, bebida característica de Galicia que se fai queimando augardente e azucre ata que se consome gran parte do alcohol, á que se lle poden engadir outros ingredientes, como grans de café, anacos de froita etc. A preparación desta brebaxe acompañarase da lectura do seu característico conxuro para escorrentar aos malos espíritos.
¡Aberto a todo o público! Non é precisa inscrición previa
Information
Credits