Mesa redonda - Decrecemento e feminismo: Como construímos a transición ecosocial
Nesta mesa redonda, que conta coa participación de académicas e activistas feministas con amplas traxectorias (Stefania Barca, Amaia Pérez Orozco e Nina López), abordarase a cuestión de como pensar unha transición ecosocial dende unha perspectiva feminista, na que o decrecemento sexa un movemento central. Que elementos son relevantes para abordar esta transición? Como plantexala para contrarestar o rumbo hacia o capitalismo verde e dixital que está tomando a transición ecosocial urdida dende institucións supranacionais como a Unión Europea? Estas cuestións xerais e outras máis específicas serán abordadas coas achegas e a discusión das relatoras e as contribucións do público asistente