Faladoiro - O movemento decrecentista na Iberia

Palestra centrada na visión do Decrecemento como movemento social. Farase un repaso e debate da situación social e organizativa do mesmo en Galicia, o resto do Estado Español e en Portugal. Ademais debaterase sobre os retos de futuro e a mellor maneira de incrementar a aceptación social das propostas Decrecentistas na sociedade, familias, empresas, administracións, ...

  • Cando: Mércores 19 de xuño 2024, 17.00h
  • Quen: Hans Eickhoff  (Rede para o Decrescimento de Portugal) e Miguel Anxo Abraira (fundador e Presidente da Rede polo Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo) / Modera: David Esperón Fontán (xunta directiva da Rede polo Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo)

A actividade desenvolverase en galego, portugués e español