Actividade artística - Mural colectivo: A Cidade Soñada

Imos facer un gran mural deseñado e pintado de forma colectiva que represente Pontevedra e A Conferencia ESEE-Degrowth 2024 como espazos onde soñar e crear colectivamente novas realidades que habitan na nosa imaxinación.

  • Cando: Luns 17 de xuño de 18.00 a 20.00h / Mércores 19 , 14.00-17.00h / Xoves 20-Venres 21, 15.00-18.30h

A actividade estará guiada por Javier Carrera "Cuco": https://www.instagram.com/cuco_cuco_cuco_cuco/ - lien externe e Sofía Greaves (https://www.sofiagreaves.online/ - lien externe)

Dinámicas de creación

  • Pintando: as persoas participantes recibirán pincel e pintura para encher os espazos definidos. A tiza debuxa o deseño colectivo e marca os límites nos que poñer a cor de forma sinxela e limpa, non é preciso mancharse ;-)
  • Imaxinando: dentro da zona do mural existirá unha mesa con papeis, pinturas, lápices, etc. onde as persoas que o desexen poderán escribir ideas, reflexións, obxectivos, debuxar elementos gráficos inspirados nas conversas e relatorios da Conferencia, todo isto para continuar co deseño do mural.