Obradoiros - Planificación e acción non violenta + asesoramento legal

Como parte da Conferencia ESEE-Decrecemento 2024 Rebelión Científica organizará unha charla para presentar o movemento e os seus valores e narrativas, e por que ven o activismo e a acción directa non violenta como unha das principais vías para lograr o cambio social e político. Tamén realizarán dous talleres de activismo científico: un taller de planificación e acción non violenta, e outro de asesoramento legal. Trala realización, as participantes estarán preparadas para participar e ser parte da organización de accións directas, tendo en conta os distintos niveis de risco que hai en cada acción e as consecuencias legais que tería cada un deles.

  • Cando: Mércores 19 de xuño de 2024, 18.00h

A actividade desenvolverase en inglés