Presentación - Revista 15/15\15

Presentación da revista 15/15\15, un medio de comunicación independente e democraticamente gobernado polos propios suscritores, cuxo obxectivo é contribuír á construción dunha nova cultura e unha nova civilización postindustrial, poscapitalista, poscrecentista, axustada aos límites da biosfera e orientada á satisfación das necesidades humanas e do resto de Gaia.

  • Cando: mércores 19 de xuño de 2024, 19.15h
  • Quen: Manuel Casal (fundador e coordinador da revista), Marga Mediavilla (membro do consello editorial da revista), Rodrigo Osorio (membro adxunto ao consello editorial e poeta) e Laura de la Fuente (poeta, actriz e cantante colaboradora da revista).

A actividade desenvolverase en galego e/ou castelán

Programa

  • Proxección dun clip animado de presentación da revista
  • Presentación da revista por parte do coordinador e da representante do consello editorial
  • Breve recital poético a cargo de poetas colaboradoras
  • Debate co público