Obradoiro - Simulacro de acción directa non violenta

Trala charla introdutoria e os obradoiros do día anterior, Rebelión Científica organizará un ''simulacro de acción'', co fin de animar ás persoas asistentes para formar parte de accións reais e introducilas neste tipo de situacións. As persoas participantes terán que organizar a acción baseándose no aprendido o día anterior e as activistas de Rebelión Científica servirán de asesoras sobre como afrontar as diferentes situacións que poden xurdir nestas accións de resistencia pacífica.

  • Cando: Xoves 20 de xuño 2024, 17.30h

A actividade desenvolverase en inglés