Proxección - The hidden cost: the other side of the green transition
Este documental amosa os impactos que a transición "verde" europea está a ter en países coma Chile e Arxentina, exportadores de litio, cobre e hidróxeno verde, necesarios para as tecnoloxías de descarbonización e, sobre todo, para un dos elementos centrais da transición: a electromovilidade. O obxectivo é concienciar sobre os impactos escoitando as voces de testemuñas, activistas, líderes comunitarias e expertas que explican como o extractivismo verde e o crecemento "verde" están a destruír ecosistemas, comunidades e profundando as desigualdades nunha nova onda de colonialismo. Ademais, quere ir un paso máis aló sinalando a necesidade de buscar alternativas baseadas no decrecemento. Hai un ano un equipo do Observatorio da Débeda na Globalización (ODG) viaxou ás zonas de extracción de litio e produción de hidróxeno verde de Chile e Arxentina para explorar e recoller datos sobre os impactos que o auxe da demanda da transición verde está a xerar nos territorios de extracción. Esta misión de investigación consistiu en entrevistas, visitas e conversas con activistas e expertas destes dous países, e dela xurdiron dous produtos: o libro autoeditado "A mina, a fábrica e a tenda", e o documental "O custo oculto" (The hidden cost). O documental é unha invitación para escoitar as súas voces, pero tamén para preguntarnos: ¿que imos facer desde o Norte Global? Despois da proxección teremos tempo para debater e discutir sobre iso cos membros do ODG.