- Cando:
Xoves 11 de abril, ás 18.30h - Onde:
Casa das Campás - lien externe (Rúa de Don Filiberto, Pontevedra) - Quen:
Rosa María Regueiro e Xosé Ramón Doldán (Universidade de Santiago de Compostela)
Charla/obradoiro na que se analizarán os cambios no uso de recursos en obxectos-servizos de gran importancia na nosa vida cotiá. Traballarase con dous bens, un máis moderno e outro máis antigo, que terían a mesma función, sobre os que se analizará desde o punto de vista económico, ambiental, ecolóxico, enerxético, técnico, social... vantaxes e inconvenientes, custos, consumo de materiais, impacto no medio ambiente... Por exemplo, un coche eléctrico actual fronte a un coche de hai 20 anos; o tranvía fronte a outro medio de transporte; a refrixeración da auga en recipientes fronte ao plástico etc...