Xoves 11 de abril. Obradoiro "Volvendo ás raíces, volvendo ao crecemento"

  • Cando :
    Xoves 11 de abril, ás 18.30h

  • Onde :
    Casa das Campás (Rúa de Don Filiberto, Pontevedra)

  • Quen :
    Rosa María Regueiro e Xosé Ramón Doldán (Universidade de Santiago de Compostela)

Charla/obradoiro na que se analizarán os cambios no uso de recursos en obxectos-servizos de gran importancia na nosa vida cotiá. Traballarase con dous bens, un máis moderno e outro máis antigo, que terían a mesma función, sobre os que se analizará desde o punto de vista económico, ambiental, ecolóxico, enerxético, técnico, social... vantaxes e inconvenientes, custos, consumo de materiais, impacto no medio ambiente... Por exemplo, un coche eléctrico actual fronte a un coche de hai 20 anos ; o tranvía fronte a outro medio de transporte ; a refrixeración da auga en recipientes fronte ao plástico etc...