Venres 14 de xuño - Visita ao barco Arctic Sunrise de Greenpeace

Visitaremos en grupo o icónico buque rompexeos Arctic Sunrise - lien externe de Greenpeace, que atracará uns días en Vilagarcía de Arousa (Peirao do Ramal). O Arctic Sunrise chega a esta vila como parte da expedición da organización para esixir a ratificación do Tratado Global dos Océanos e a creación de áreas mariñas protexidas. Greenpeace ofreceranos unha visita guiada onde tripulación e activistas contarannos as loitas vividas por este buque en favor dun planeta san e en paz. 

Se queres vir en transporte público connosco, sairemos da Estación de Pontevedra no tren das 18h32 cara a Vilagarcía de Arousa e dende alí iremos camiñando ao Peirao do Ramal. A volta é libre. Lembra comprar os teus billetes con suficiente antelación. A duración estimada da visita ao barco é de 30 minutos pero haberá outras actividades no peirao.

Se vas pola túa conta, atoparémonos ás 19.00h fronte ao barco.

¡Xa non quedan prazas dispoñibles!