Xoves 16 de maio - Faladoiro "Cadernos vs. Tablets. ¿Deberiamos desdixitalizar a ensinanza ?"

Ecoloxistas en Acción está a organizar unha campaña entre centros educativos pola des-dixitalización da ensinanza. A súa crítica baséase no impacto ecolóxico que supón extraer materias primas para crear novos dispositivos electrónicos. Traer estes debates xunto a formas alternativas de relacionarnos coa tecnoloxía e a educación é o obxectivo desta actividade, na que se abordarán dúas cuestións :

  1. Explicaranse as principais críticas recollidas nesta campaña
  2. Explicaranse as alternativas : ¿Como pode lucir unha escola des-dixitalizada ?