Xoves 18 de abril - Faladoiro "¡Aquí non hai quen viva ! Acceso á vivenda e decrecemento"

Exporase o escenario do acceso á vivenda actual en Pontevedra e axudarase a imaxinar alternativas onde o crecemento económico e a especulación financeira non sexan as lóxicas que ditan o acceso a ela. Para iso, contaremos con Juan Rodríguez Medela, antropólogo afincado en Vigo que estudou o espazo urbano de Granada e formou parte do grupo de estudos antropolóxicos A Corrala,  xunto ao Sindicato de Inquilinas de Vigo-Tui-Baixo Miño, un movemento social que imaxina outras formas de habitar.