- Cando :
Xoves, 23 de maio, ás 19.00h
EN DIRECTO: https://www.youtube.com/live/5aDyxsbzl98 - lien externe - Onde :
Liceo Casino - lien externe (Manuel Quiroga 21, Pontevedra) - Quen :
Antón Masa (Asociación Pola Defensa da Ría - lien externe), Isabel García (Mina Touro-O Pino Non - lien externe), Patricia Gamallo (Eólicos, Así Non - lien externe)
Moderan: Gonzalo Rodríguez Rodríguez (Universidade de Santiago de Compostela)
Conversa entre colectivos en loita contra actividades industriais concretas de alto impacto ambiental. Abordaremos o falso dilema entre economía e ecoloxía. Esta dicotomía interesada que sitúa a protección do sistema ecolóxico fronte ás actividades económicas e o emprego oculta que sen ecoloxía non pode haber economía, nin sequera industrias extractivistas. Porase de manifesto a dicotomía real entre o acervo ecolóxico e o modelo de desenvolvemento industrial extractivista. A discrepancia establécese, por tanto, entre modelos económicos, pois non é o mesmo unha macroindustria de propiedade concentrada e enorme impacto ambiental, que tritura e degrada a contorna, empobrece a política e polariza socialmente, que un tecido de organizacións económicas de tamaño moderado, plural, resiliente, convivencial e respectuoso co sistema socio-ecolóxico. Coñeceremos as loitas de cada grupo, os seus valores e as súas propostas alternativas para un modelo de desenvolvemento digno, e preguntarémonos que factores comúns hai nas súas actividades e como poden axudarse mutuamente.