- Cando:
Xoves 25 de abril, ás 19.00h - Onde:
Pazo Mugartegui - lien externe (Praza da Pedreira, Pontevedra) - Quen:
Diego Domínguez Carrasco (Fiare Banca Ética - lien externe)
Presenta: Alejandro Fortuny - lien externe (Post-Growth Innovation Lab - lien externe)
O traballo é un dereito fundamental que contribúe a nosa dignidade persoal e nos permite adquirir unha capacidade económica, converténdonos en consumidores. As persoas temos a capacidade de interesarnos pola traza dun produto e, en conciencia, temos a capacidade de escoller. Mais, ¿somos conscientes do noso consumo financeiro?
As finanzas téñense convertido nun eixo fundamental da nosa sociedade actual, pouco queda que non midamos en euros. Neste escenario as entidades financeiras son as actrices fundamentais. Nelas deixamos os nosos aforros, delas solicitamos apoio. Cada vez consumimos máis finanzas pero, ¿con que obxectivo? ¿Buscamos crecer en capacidade de compra? ¿Queremos medrar nas nosas posibilidades persoais de desenvolver proxectos futuros? ¿Que impacto teñen as nosas decisións financeiras? ¿Podemos consumir finanzas e crecer en benestar colectivo?
As Finanzas Éticas ofrécennos unha oportunidade de transformación, de cambio de paradigma. Non se trata de vender produtos sostibles, trátase de desenvolver proxectos sostibles, de mudar as finanzas, de facer finanzas dunha maneira diferente. ¿Ata onde é posible?