- Cando :
Martes 30 de abril, ás 19.00h - Onde :
Casa das Campás - lien externe (Rúa de Don Filiberto, Pontevedra) - Quen :
Víctor Sánchez - lien externe e Alejandro Fortuny - lien externe (Post-Growth Innovation Lab - lien externe)
Aproximármonos ao mundo do traballo como unha forma de estruturar as nosas vidas é clave para entender a crise eco-social. Para iniciar un debate colectivo, realizarase unha presentación da obra do teórico eco-socialista André Gorz e unha proxección dun documental sobre a súa vida.
- Introdución á obra de Gorz no contexto do mundo do traballo - Alejandro Fortuny.
- Proxección da película: Lettre à G en versión orixinal (francés) subtitulada ao castelán
- Debate sobre maneiras de reformular o traballo