- Cando :
Xoves 30 de maio, ás 19.00h - Onde :
Casa das Campás - lien externe (Rúa de Don Filiberto, Pontevedra) - Quen :
Pablo Casares Balsa (Técnico de Atmósfera de MeteoGalicia)
Modera: Begoña de Bernardo Miño (membro da Xunta Directiva da Rede para o Decrecemento EO-Navia, Galiza, O Bierzo - lien externe e Presidenta de Véspera de Nada)
Pablo Casares explicará que é o IPCC (Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático) e as previsións máis optimistas e máis pesimistas que este panel intergubernamental prevé a nivel global. A continuación falará sobre os posibles escenarios climáticos que se poderían dar en Galicia (mediterranización do clima, descenso das temperaturas, aparición de ciclóns no Atlántico, redución das precipitacións, aumento do sdías de seca e de neve...).