Xoves 30 de maio - Faladoiro "O cambio climático en Galicia : posibles escenarios climáticos no futuro próximo"

Pablo Casares explicará que é o IPCC (Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático) e as previsións máis optimistas e máis pesimistas que este panel intergubernamental prevé a nivel global. A continuación falará sobre os posibles escenarios climáticos que se poderían dar en Galicia (mediterranización do clima, descenso das temperaturas, aparición de ciclóns no Atlántico, redución das precipitacións, aumento do sdías de seca e de neve...).