- Cando:
Xoves 6 de xuño, ás 19.00h - Onde:
Museo Provincial (lien externe) (Rúa Padre Amoedo Carballo 3, Pontevedra) - Quen:
Julen Bollain (lien externe) (Mondragon Unibertsitatea (lien externe)), Eduardo Garzón Espinosa (lien externe) (Universidad Autónoma de Madrid (lien externe)) e Eva García Sempere (lien externe) (Izquierda Unida)
Este evento busca poñer en diálogo dúas propostas económico-políticas fronte aos límites planetarios: a renda básica e o traballo garantido. O acto será moderado por Eva García Sempere e contará con exposicións sobre o Traballo Garantido por parte de Eduardo Garzón e sobre Renda Básica Universal por parte de Julen Bollain. Tralas exposicións abrirase un debate co público con preguntas e respostas.
O evento poderá seguirse de maneira remota a través da canle de YouTube do Post-Growth Innovation Lab. Preme aquí (lien externe)para acceder á retransmisión.