Xoves 6 de xuño - Mesa redonda "Renda básica e/ou traballo garantido ante os límites do crecemento"

Este evento busca poñer en diálogo dúas propostas económico-políticas fronte aos límites planetarios: a renda básica e o traballo garantido. O acto será moderado por Eva García Sempere e contará con exposicións sobre o Traballo Garantido por parte de Eduardo Garzón e sobre Renda Básica Universal por parte de Julen Bollain. Tralas exposicións abrirase un debate co público con preguntas e respostas.

O evento poderá seguirse de maneira remota a través da canle de YouTube do Post-Growth Innovation Lab. Preme aquí para acceder á retransmisión.