Brais Suárez Eiroa é investigador postdoutoral cunha axuda Margarita Salas na Facultade de Economía e Empresa da Universidade de Barcelona, e membro do Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo. A súa formación teórica abarca a Economía Ecolóxica, a Ecoloxía Política e o Decrecemento, e a súa liña de traballo céntrase na intersección da economía, a sociedade e o medio ambiente, cunha investigación na actualidade que pretende achegar os conceptos de economía circular e decrecemento abordando diversas cuestións como os límites planetarios, a distribución xusta, a economía circular, as cadeas de subministración e as transicións xustas. Participa activamente en varios proxectos de investigación, en particular nos proxectos europeos H2020 JUST2CE e MCSA EXPLICIT, así como os proxectos españois TED ARCA (Ministerio de Ciencia e Innovación) e POSTGROWTH SA: PONTEVEDRA (FECYT).
- Website postgrowth-lab.webs.uvigo.es/people/brais-suarez-eiroa/ - external link
- Email brsuarez@uvigo.gal
- Pontevedra SPAIN