David Soto Oñate

David Soto-Oñate é investigador posdoutoral na Universidade de Vigo (Post-growth Innovation Lab e ECOBAS). Anteriormente, foi investigador Fulbright no Ostrom Workshop (Indiana University) durante dous anos. Desde as perspectivas da Economía Institucional e Ecolóxica, David ten publicado traballos de investigación sobre diversos temas nos ámbitos do desenvolvemento económico e a gobernanza sostible dos recursos (pesca, cambio climático, economía circular e transporte de petróleo). O seu principal labor de investigación actual xira ao redor da gobernanza policéntrica dunha orde social poscrecentista. Tamén é IP do proxecto ARCA  - lien externe(Cara a unha Responsabilidade Climática Apropiada) financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

davidsoto[at]uvigo.gal

  • Address
    Pontevedra SPAIN