Tess Doezema é investigadora asociada na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade Autónoma de Barcelona e investigadora visitante no Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo. O seu traballo no proxecto JUST2CE de H2020 examina os esforzos para crear a economía circular en Europa, prestando atención a cuestións de xustiza ambiental e aos modos de produción de coñecemento e (re)forma política asociados ás transicións ambientais. Tess doutorouse na University’s School for the Future of Innovation in Society da Universidade Estatal de Arizona. Foi bolseira visitante no grupo Innovation, Society & Public Policy da Universidade Técnica de Múnic, no programa de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade da Harvard Kennedy School e no Global Development Lab de USAID.
tessann.doezema[at]uab.cat
- Website postgrowth-lab.webs.uvigo.es/people/tess-doezema/ - external link
- Email tessann.doezema@uvigo.gal - external link