Vídeo de presentación da Conferencia ESEE-Degrowth 2024 en Pontevedra

Membros do comité organizador local preséntanche o evento dende as distintas sedes nas que terán lugar as actividades, e convídanche a asistir a Pontevedra en 2024. ¡Non faltes !

Presentación Conferencia Internacional ESEE-Decrecemento 2024

Presentación Conferencia Internacional ESEE-Decrecemento 2024

Transcription

A Cidade de Pontevedra acollerá as próximas conferencias internacionais de Decrecemento e Economía Ecolóxica. No evento falaremos sobre sustentabilidade, economía, benestar ou arte.

Contaremos con referentes internacionais do eido do decrecemento e a economía ecolóxica, e a cidadanía será plenamente partícipe deste gran evento, xa que haberá numerosas actividades de balde e abertas ao público : charlas, obradoiros, exposicións, concursos...

Agardámoste en Pontevedra no 2024. ¡Non faltes !