¡Aberto o prazo de presentación de Sesións/Bloques Temáticos Especiais !

Xa se poden presentar as propostas no marco da convocatoria de Sesións/Bloques Temáticos Especiais. A data límite para o envío é o 16 de outubro de 2023.

As Sesións Especiais pretenden dar cabida dentro da Conferencia a temas especiais que non estean entre os propostos pola organización, sesións cun tema e formato únicos, ou grupos de persoas que queiran presentar os avances ou resultados dun proxecto específico. Convidamos a sesións especiais que ofrezan vías artísticas ou interactivas para aprender, debater e co-crear de maneira transdisciplinar, como danza, futurismo, visionado, pintura, escultura, composición de cancións, teatro, improvisación, poesía, retrospectivas, cafés do mundo, xogos de mesa, ioga e meditación etc.

Calquera persoa pode enviar unha proposta para organizar unha Sesión Especial or propor un Bloque Temático Especial (temas relacionados co decrecemento e a economía ecolóxica que non encaixan claramente con ningún dos bloques temáticos propostos pola organización da Conferencia). O prazo límite para o envío de propostas é o 16 de outubro de 2023

Por favor, revisa coidadosamente a convocatoria antes de presentar a túa proposta