Setenta propostas teñen sido recibidas no marco da chamada para o envío de Sesións/Bloques Temáticos Especiais publicada o pasado mes de setembro. Delas, a metade son para a organización de sesións interactivas e artísticas, tendo sido o envío realizado por autores pertencentes a numerosas entidades de máis de 20 países diferentes de todo o mundo.
O resultado das revisións, que están a ser realizadas polo Comité Científico, será comunicado ás persoas propoñentes o 6 de novembro. As sesións que resulten aprobadas incluiranse na lista de bloques temáticos e temas inicialmente proposto pola organización, e todos eles poderán ser seleccionados por aquelas persoas que desexen enviar unha proposta de comunicación durante a Chamada para o Envío de Resumos que abrirá a mediados do vindeiro mes de novembro.