O prazo estará aberto ata o 26 de decembro. Durante este tempo, as persoas interesadas en presentar os seus traballos na Conferencia Internacional ESEE-Degrowth 2024 poderán enviar as súas propostas. Os traballos, que deberán presentarse en inglés, poden ser tanto académicos como non académicos, pero deberán estar relacionados co tema principal da conferencia, "Ciencia, Tecnoloxía e Innovación máis aló do crecemento: Cultivando a creatividade colectiva para un futuro sostible", e asociadas a un dos tracks e/ou sesións abertas que foron aprobadas tras o proceso de presentación de propostas de Sesións Especiais iniciado o pasado mes de setembro.
Non perdas esta oportunidade. ¡Estamos desexando coñecer o teu traballo!