A xornada dividirase en tres sesións interactivas nas que participantes e relatoras compartirán os seus coñecementos sobre redacción de subvencións e "como sobrevivir no mundo académico"; consellos para publicar e difundir a investigación; e comunicación non académica e arte.
A inscrición neste simposio é obrigatoria, xa que o número de prazas está limitado a 30. As solicitudes poden presentarse ata o 31 de marzo.