O Concello de Pontevedra puxo á nosa disposición un lugar cuberto próximo á sede da conferencia onde os participantes poderán aloxarse gratuitamente durante a semana da conferencia. Os interesados nesta opción deberán inscribirse previamente na conferencia - lien externe, e posteriormente solicitar este servizo a través deste formulario - lien externe. Os participantes deberán traer o seu propio material para durmir (esterilla e saco de durmir). O recinto dispón de aseos e lavabos, pero as duchas atópanse noutro lugar (preto) e teñen un horario limitado. A instalación está vixiada por un servizo de seguridade con control de acceso. Requírese un depósito de 50 euros para a reserva como garantía do bo uso da instalación e do cumprimento das normas. Este depósito devolverase ao final da estancia. Información útil:
- Onde: Recinto Ferial - Pazo da Cultura
Localización: https://maps.app.goo.gl/foq3xYZu3Xyvj6BQ9 - Número de plazas: 100
- Datas: Do 16 o 23 de xuño
- Duchas: Pavillón Universitario de Deportes de Pontevedra (de luns a venres de 9 da mañá a 2 da tarde). https://maps.app.goo.gl/7oaedUmteWWPjDeBA - lien externe
- Formulario de inscrición: https://forms.gle/4A7bBmRAkhfhbDKA6 - lien externe - lien externe
- Información: payment_esee-degrowth2024@uvigo.gal