Este ciclo está promovido polo grupo Post-Growth Innovation Lab (lien externe) co apoio da Universidade de Vigo (lien externe) e o Concello de Pontevedra (lien externe), e conta coa colaboración e participación de diferentes persoas e organizacións galegas e nacionais.
Organizarase unha actividade cada semana na que se falará e debaterá, dende o prisma do poscrecemento/decrecemento, sobre diferentes temas de interese social coma o traballo, a vivenda, o sistema bancario ou o ecoloxismo.
Os eventos terán lugar en distintos emprazamentos do centro da cidade, e a entrada será de balde ata completar o aforo.