¡Únete ás Brigadas Deseucaliptizadoras o 22 de xuño!

O sábado 22 de xuño organizaremos unha xornada coas Brigadas Deseucaliptizadoras para contribuír á eliminación de especies exóticas invasoras nos montes comunais galegos. A expedición sairá de Pontevedra ás 9.30 da mañá, e regresaremos sobre as 6.30 da tarde.

As persoas interesadas en unirse a estas Brigadas deben solicitar a súa praza antes do 12 de xuño. Pódese atopar toda a información sobre esta actividade no enlace que se atopa a continuación.