Programa musical do evento

O espectáculo "Botánica" de Abe Rábade estará incluído na sesión inaugural da conferencia, que tamén contará cun pequeno festival para pechar a semana de actividades.

Martes 18 de xuño, Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra

Abe Rábade presenta o seu espectáculo Botánica. A entrada será libre ata completar aforo, sendo prioritario o acceso dos asistentes á conferencia. Os non participantes poderán acceder a partir das 8:30 (o acceso non está garantido en base á dispoñibilidade do aforo)


Venres 21 de xuño, zona de carpas - Illa das Esculturas

Para pechar a semana da conferencia, ao finalizar o último coloquio, preparamos un encontro musical no que participarán X Sónica (as bandas de Estudo Bonobo) e Familia Caamagno. O broche final será unha actuación lendo o conxuro da queimada, coa súa posterior cata e amenizada pola música de gaitas.

Tamén haberá un foodtruck con produtos veganos e bebidas para os asistentes.

Nesta ocasión o público en xeral poderá asistir á programación musical deste pequeno festival de clausura.