Cando xa ten pasado unha semana dende o remate da 15ª Conferencia da Sociedade Europea de Economía Ecolóxica (ESEE) e da 10ª Conferencia Internacional de Decrecemento, facemos balance do acontecido neste evento que ten deixado moi boas sensacións tanto ao equipo da entidade anfitrioa, o Post-Growth Innovation Lab - lien externe da Universidade de Vigo, coma ás persoas participantes.
Cunha asistencia de máis de 1100 persoas chegadas de 48 países diferentes, esta ten sido unha das edicións máis multitudinarias ata a data, contando coa participación de persoal académico, activista e, por primeira vez neste tipo de conferencias, alumnado e profesorado de educación secundaria.
Aínda que o inicio oficial da Conferencia foi o 18 de xuño, a actividade comezou xa o luns previo coa celebración do Simposio de Doutoramento, ao que asistiron 40 investigadoras e investigadores predoutorais. O martes 18 tivo lugar a Sesión Inaugural - lien externe no Pazo da Cultura de Pontevedra, na que Mario Pansera, organizador principal do evento, xunto co presidente da Sociedade Europea de Economía Ecolóxica - lien externe, Dan O’Neill, e os representantes do movemento internacional de decrecemento, Vincent Liegey e Brototi Roi, se encargaron de dar a benvida ás persoas participantes, nun auditorio completamente cheo. Durante esta sesión tiveron lugar tamén as dúas primeiras sesións plenarias, que nesta edición se celebraron en forma de diálogos. O primeiro deles, titulado “STS in the context of degrowth: scienceand technology in the era of colonial capitalist expansion - lien externe”, contou coa participación de Samer Abdelnour ((The Univesity of Edimburg) e Annapurna Mamidipudi (Technical University of Berlin) e estivo moderado por Tess Doezema (Universitat Autónoma de Barcelona). No segundo, co título “Introduction toEcological Economics and Degrowth - lien externe”, e que será publicado no podcast Economics for Rebels - lien externe, participaron Joshua Farley (University of Vermont), Giorgos Kallis (Universitat Autónoma de Barcelona) e Brototi Roy (Universitat Autónoma de Barcelona), coa moderación da directora do podcast Alexandra Köves (Corvinus University of Budapest). A Sesión de Apertura rematou cun concerto do pianistaAbe Rábade - lien externe, que encheu de maxia o Pazo da Cultura intereprentando os temas do seu álbum Botánica acompañado polos músicos que participan nese disco.
O mércores 19 de xuño deron comezo as máis de 220 sesións paralelas desta edición, repartidas en catro sedes diferentes entre o Campus Universitario de A Xunqueira e o Pazo da Cultura. Nesta primeira xornada de sesións celebrouse tamén o terceiro diálogo plenario, “The politicsof Materials and the plastic industry - lien externe”, coa participación de Ekaterina Chertkovskaya (Lund University) e Alice Mah (University of Glasgow) e a moderación de Vincenzo Pavone (CSIC), e tivo lugar a Asemblea Xeral da Sociedade Europea de Economía Ecolóxica (ESEE).
O xoves 20 continuaron as sesións paralelas e celebráronse os diálogos 4 e 5. O primeiro, co título “WhatCircular Economy? - lien externe”, contou coa experiencia de Kersty Hobson (University of Cardiff) e Hans-Christian Eberl (responsable de Economía Circular no programa Horizonte Europa da Comisión Europea), e estivo conducido por Andrea Genovese (Sheffield University Management School). O quinto diálogo desenvolveuse baixo o título “Technology and Democracy. The Right to Repair Movement - lien externe”, con Javier Lloveras (Post-Growth Innovation Lab) como moderador e coa participación de Ugo Vallauri (Co-Founder and Co-Director of The Restart Project) & Blanca Callén (Universitat Autònoma de Barcelona).
Os dous últimos diálogos plenarios tiveron lugar xa na derradeira xornada da conferencia, o venres 21 de xuño. No primeiro deles, “Rethinking Innovation. Alternative approaches for people andplanet - lien externe” o tema da innovación foi abordado por Alejandra Boni (Ingenio – UPV), Adrian Smith (University of Sussex) e Andrea Jiménez (University of Sheffield), baixo a batuta de Aviram Sharma (Post-Growth Innovation Lab). O último diálogo, “Climate Change and Degrowth - lien externe” estivo conducido polo investigador Mario Pansera (Post-Growth Innovation Lab) e abordou o tema do cambio climático con dous nomes de primeiro nivel, Julia Steinberger (University of Lausanne) e Carlo Buontempo (Director of Copernicus Climate Service of the EU).
A Conferencia contou ademais cun ambicioso programa social desenvolvido entre o luns 17 e o sábado 22 de xuño con máis de 20 actividades en galego, castelán e inglés, e con actividades artísticas e culturáis, como proxeccións de filmes e documentais, actuacións de danza, ou un mural colectivo, entre outras. O broche do evento consistiu nun concerto coa actuación de varios grupos musicais, e a celebración dunha gran Queimada con música tradicional en vivo.
Os preparativos da vindeira edición, que acollerá a 18ª Conferencia da Sociedade Internacional de Economía Ecolóxica e a 11ª Conferencia Internacional de Decrecemento, xa están en marcha. Agardamos atoparnos de novo con todas e todos vos en Oslo (Noruega) do 24 ao 27 de xuño de 2025: https://isee-degrowth2025.no/