Nas actividades académicas (A Conferencia)

A inscrición para a Conferencia Internacional ESEE-Degrowth 2024 abrirá o 1 de Marzo do 2024 ás 8.00 p.m. (CET). Na imaxe pódense consultar as tarifas.

¿Que inclúen as tarifas ?

Estas tarifas inclúen a asistencia a todas as sesións da conferencia (tanto paralelas como plenarias) e as pausas para o café. O xantar non está incluído na cota da conferencia, pero os participantes poden optar por engadir comidas durante a inscrición por un suplemento de 18 euros por día/xanto. Os menús só incluirán opcións VEGANAS E VEGETARIANAS, e tanto os produtos como o servizo estarán en consonancia cos principios da conferencia. POR QUE O XANTAR NON ESTÁ INCLUÍDO NAS TARIFAS ? Optamos por non incluír as comidas para evitar impoñer custos adicionais aos asistentes, que poden preferir traer a súa propia comida ou explorar outras opcións para xantar. A este respecto, existen cafeterías externas no campus universitario que ofrecen menús non vegetarianos para quen o prefira. Con todo, dado que estes servizos non son xestionados polos organizadores da conferencia, non podemos proporcionar ningunha indicación adicional sobre prezos, menús etc. Que ocorre se non reservo o xantar e logo cambio de opinión ? Se non reserva o xantar con antelación e máis tarde cambia de opinión, é posible que haxa entradas adicionais limitadas dispoñibles durante o evento, pero non se pode garantir a dispoñibilidade para quen non reservasen con antelación.

DOAZÓNS SOLIDARIAS

Durante o proceso de inscrición, os asistentes teñen a opción de contribuír a un fondo de solidariedade mediante un donativo. Este fondo está destinado especificamente a axudar aos participantes que se enfrontan a importantes obstáculos financeiros para asistir á conferencia, especialmente a aqueles que non contan co apoio adecuado das súas institucións. As doazóns recadadas apoiarán directamente o lanzamento dunha convocatoria aberta de financiamento, destinada a subvencionar os custos da conferencia para os asistentes máis desfavorecidos economicamente. Os asistentes poderán elixir entre tres niveles de doazón :

Bronce : 10 euros

Prata : 30 euros

Ouro : 50 euros

Os participantes poden seleccionar máis dunha opción de doazón se desexan contribuír cunha cantidade maior.

Como rexistrarse

A inscrición debe realizarse a través da plataforma ConfTool : https://www.conftool.com/esee-degrowth2024 A partir do 1 de marzo de 2024, ás 20.00 horas (CET), aparecerá automaticamente unha opción para rexistrarse para os usuarios que inicien sesión nas súas contas. Se non dispón dunha conta, deberá crear unha para proceder ao rexistro. Atopará información sobre o proceso de rexistro aquí : https://www.conftool.net/en/user-documentation/registration-for-participation.html

Como realizar o pago

Haberá 3 opcións de pago :

Transferencia bancaria*: é a forma de pago recomendada pola organización. Quen elixa esta modalidade de pago deberán realizar a transferencia bancaria nos 7 días seguintes á súa inscrición, e sempre nunha data anterior ao 10 de abril de 2024, se presentan relatorio no congreso, ou ao 6 de maio en caso de non ser relatores, e enviar copia do resgardo da transferencia no mesmo prazo a payment_esee-degrowth2024@uvigo.gal.



Paypal*: esta opción tamén permite o pago con tarxeta de crédito. Teña en conta que nalgúns países os participantes terán que crear unha conta (gratuíta) de PayPal durante o proceso de pago.



Stripe*: trátase dun servizo de procesamento de tarxetas de crédito Visa, Mastercard e American Express, dispoñible en moitos países europeos, EE.UU., Canadá e Australia.

Datas importantes

- 1 de marzo : apertura de inscricións

- 31 de marzo : data límite de inscrición anticipada

- 10 de abril : data límite de cancelación gratuíta

- 22 de abril : data límite de inscrición e pago para os relatores de calquera das sesións da conferencia

- 6 de maio : data límite de inscrición e pago para os asistentes

* A quen cancele antes desta data devolveráselles o 90 % do pago. Reterase o 10 % do importe para gastos de administración.

Información de contacto

Para non sobrecargar aos organizadores, lea atentamente toda a información desta páxina antes de poñerse en contacto.