Aloxamento

Información importante sobre os aloxamentos

  • As reservas deben facerse directamente cos provedores de aloxamento. Proporcionamos información sobre as opcións de aloxamento, pero os organizadores da Conferencia non intervirán no proceso de reserva. 

  • Aquí atoparás algunhas opcións de aloxamento situadas en Pontevedra (onde se celebra o evento) e noutras cidades e pobos próximos. Ten en conta que no caso dos aloxamentos situados fóra da cidade, será necesario utilizar coche, tren ou autobús para chegar ao lugar de celebración.

  • Moitos dos aloxamentos permiten reservas con cancelación gratuíta, polo que se recomenda facelo canto antes, xa que tanto Pontevedra como as localidades próximas teñen unha importante demanda turística en xuño.

  • Pontevedra é unha cidade pequena, e a oferta de hoteis, hostais e similares é limitada. Existe, con todo, unha importante oferta de apartamentos turísticos. Lamentablemente, a maioría destes aloxamentos só se poden reservar a través de plataformas convencionais como AirBnB ou Booking. Visite os sitios web destes provedores se está interesado en tales opcións. 

  • Nalgúns dos aloxamentos ofertados hai cuartos reservados con antelación a un prezo especial para os asistentes á conferencia. Asegúrese de mencionar que asistirá á Conferencia ESEE-Degrowth 2024 ao facer a reserva.

  • Aquí atoparás tamén algúns aloxamentos que ofrecen descontos para grupos, así como alternativas para o alugueiro de autocaravanas ou furgonetas. Tamén estamos a traballar para tentar articular un sistema de aloxamento en casas de persoas da zona que estean dispostas a acoller @gratuitamente aos participantes na Conferencia. De ser así, a información difundirase a través desta páxina web.   

  • Esta oferta poderá ampliarse se xorden novos aloxamentos. Toda a nova información sobre aloxamento publicarase a través desta sección da web.

  • Os organizadores do evento poden ofrecer un servizo de autobús lanzadeira desde os principais lugares onde se aloxen grandes grupos de participantes. Proximamente facilitarase máis información respecto diso.

Durante o evento, os participantes poderán elixir entre diversas opcións de aloxamento. Estas opcións incluirán hoteis, apartamentos, instalacións de cámping e casas de hospedaxe. O noso equipo traballa actualmente para conseguir os mellores prezos e reunir información detallada sobre estes aloxamentos.  Pronto publicaremos esta información no sitio web da conferencia, e as persoas participantes poderán acceder á información e facer as súas reservas en consecuencia. ¡Permanecede atentas/os a esta páxina!

No centro da cidade ou cercanos a Pontevedra

Hoteis

  • Hotel Alda estación de Pontevedra

  • Hotel Virgen del Camino

  • Hotel Rías Bajas

  • Galicia Palace

  • City Express Hotel Comercio Pontevedra

Residencias

  • Residencia Estudantes Afundación Pontevedra ABANCA

Aloxamentos máis distantes (noutros municipios próximos a Pontevedra)

Hoteis

  • Hotel Candor

  • Hotel Samar

  • Hotel Gran Proa

Hostais

  • A Casa dos Nores

  • Albergue A Talangreira do Beque

  • Hostal A Marisma

  • Pensión Playa Mar Cachadiñas

Residencias

  • San Narciso

  • Residencia Universitaria Gran Vía

Outro tipo de aloxamentos

Aluguer de autocaravanas

  • Van Van Go

  • Boa Vila Caravaning

  • Cesantes Caravaning

Apartamentos

Algúns dos apartamentos de El encanto de Xarás están no centro de Pontevedra

  • Apartamentos Alquílame Cangas

  • El encanto de Xarás

Campings e cabanas

  • Cabanas de Udra

  • Cabanas O Rincón das Rías Baixas

  • Camping Baltar Portonovo

  • Aventuras Rías Baixas - Cabanas Ecoparque Marín

Couchsurfing

  • Couchsurfing

Aloxamento gratuíto para pasar a noite

A organización do ESEE-Degrowth 2024 ofrecerá unha zona gratuíta onde as persoas asistentes á conferencia poderán pernoctar

¿Tes unha casa en Pontevedra ou nos arredores e che gustaría acoller a algunha das persoas que van asistir á Conferencia?