¡Acolle participantes!

Se vives (ou tes unha casa) en Pontevedra ou nalgunha cidade ou vila veciña, tal vez che apeteza proporcionar aloxamento a algunha das persoas que van asistir á Conferencia.

Moitas das persoas que virán a este evento contan con recursos económicos limitados, ben sexa porque aínda son estudantes ou porque proveñen de países en vías de desenvolvemento. Para elas, poder contar cunha hospedaxe gratuíta ou de moi baixo custo resultará de gran axuda e pode marcar a diferencia entre asistir ou non á Conferencia. 

¿E a ti, que che pode aportar acoller a estas persoas?

  • En primeiro lugar, e pensamos que o máis importante, darache a posibilidade de entrar en contacto con xente doutros lugares ou nacionalidades, persoas cunhas inquedanzas que seguramente se achegan moito ás túas propias, coas que poderás compartir interesantes conversas sobre decrecemento, economía, sustentabilidade ou o que xurda.
  • Por outra banda, poderás inscribirte gratuítamente á Conferencia* e asistir a todas as actividades da mesma.
  • Algunhas das persoas que van visitar Pontevedra teñen interese en involucrarse na cultura e o modo de vida da nosa contorna, e lles gustaría vir uns días antes do inicio da conferencia e marchar uns días despois e ter a posibilidade de traer ás súas familias. Gustaríalles aloxarse con comunidades locais e a cambio ofrecerlles algunhas horas de traballo gratuíto

Como ves, todo son vantaxes. ¡Non o penses máis e acolle participantes!

Se xa che temos convencido, envíanos un correo ao enderezo esee-degrowth2024@uvigo.gal e porémonos en contacto contigo.

* Os xantares non están incluídos