Viaxar a Pontevedra

Hai diferentes formas de chegar a Pontevedra: en tren, autobús, avión, coche, ¡ou mesmo a pé! O equipo organizador recomenda, sempre que sexa posible, elixir as modalidades de tren ou autobús.

En tren

A estación de tren atópase a menos de 20 minutos a pé do centro histórico da cidade. Está conectada coas principais cidades galegas así como con Madrid. Pódese obter toda a información relativa á mobilidade en tren aquí - lien externe.

En autobús

A estación de autobuses atópase xunto á estación de tren e está conectada con moitas cidades españolas como Madrid e Barcelona. Pódese obter toda a información relativa á mobilidade en autobús aquí - lien externe.

En avión

En Galicia hai 3 aeroportos conectados a nivel nacional e internacional. O máis próximo a Pontevedra é o aeroporto de Vigo - lien externe, a uns 30 minutos en coche do centro da cidade. Outras opcións son o aeroporto de Santiago de Compostela - lien externe (chamado Rosalía de Castro, a uns 55 minutos en coche), e o aeroporto da Coruña - lien externe (ao redor de 1 hora e media).

Desde calquera destes aeroportos hai dúas opcións para chegar á cidade de Pontevedra:

  • Coller un autobús urbano ou un taxi ata calquera das estacións das cidades máis próximas (Vigo, Santiago de Compostela ou A Coruña) e, a continuación, coller un tren ou un autobús ata Pontevedra.
  • Alugar un coche no aeroporto e conducir ata Pontevedra. A organización do evento non recomenda esta opción para aqueles que se aloxen no centro da cidade xa que, ademais de ser moito menos sostible, o coche non é a mellor alternativa para moverse por Pontevedra, xa que as distancias son curtas e é unha cidade moi peonil, o que non facilita o aparcamento.

Tamén se pode chegar ao aeroporto de Oporto - lien externe. En coche levará algo menos de dúas horas chegar a Pontevedra, e tamén existe a opción de coller un autobús dende o propio aeroporto ata a estación de autobuses de Vigo, e dende alí un autobús ou un tren a Pontevedra.

En coche

Pontevedra está ben comunicada por autoestrada e autovía coas principais cidades galegas, españolas e portuguesas.

A pé

A cidade de Pontevedra é un punto de paso do chamado "Camiño de Santiago" (coñecido en Galicia como O Camiño), un roteiro de peregrinación xurdida na Idade Media que, partindo de diferentes lugares, ten como destino a cidade de Santiago de Compostela. Aínda que a orixe desta peregrinación é relixiosa, hoxe en día son moitas as persoas non crentes que realizan O Camiño por diferentes motivos, como a superación persoal, desfrutar duns días de tranquilidade en contacto coa natureza, coñecer xente nova, elixir formatos de vacacións diferentes e máis sostibles, ou a posibilidade de gozar das incomparables paisaxes que ofrecen os diferentes roteiros.

Pontevedra é unha das paradas incluídas no chamado "Camiño Portugués", que parte de Lisboa e pasa por localidades como Coimbra, Oporto ou Ponte da Lima, en Portugal, e Tui, Baiona, Pontevedra ou Padrón, en Galicia (España).

Para saber máis sobre O Camiño visita estas páxinas: