Lugar de celebración

mapa del Lugar de celebración

As actividades realizaranse en varios lugares. Podes atopar as diferentes sedes, así como outros puntos de interese, consultando o mapa arriba a dereita o este mapa de google. Podes descargar a aplicación Metrominuto  do Concello de Pontevedra para calcular os tempos a pé entre diferentes puntos da cidade.

Sedes

Pazo da Cultura

  • Rexistro (18 xuño)
  • Sesión de apertura (18 xuño)
  • Sesións paralelas (19-21 xuño)
  • Actividades extra-académicas (19-21 xuño)
  • Salas de uso libre (18-21 xuño)

Escola de Enxeñería Forestal 

  • Rexistro (17 xuño and 19-21 xuño)
  • Sesións paralelas (19-21 xuño)
  • Salas de uso libre (18-21 xuño)

Facultade de Dirección e Xestión Pública / Comunicación

  • Sesións paralelas (19-21 xuño)

Facultade de Fisioterapia 

  • Sesións paralelas (20-21 xuño)
  • Salas de uso libre (19-21 xuño)

Tents

  • Diálogos plenarios (19-21 xuño)
  • Xantares (19-21 xuño)
  • Actividades extra-académicas (19-21 xuño)

Casa das Campás

  • Actividades extra-académicas (17-21 xuño)

Pazo Mugartegui

  • Actividades extra-académicas (19-21 xuño)

Museo Provincial de Pontevedra

  • Actividades extra-académicas (19-21 xuño)

Teatro Principal

  • Actividades extra-académicas (19-21 xuño)

Mercado Municipal de Pontevedra 

  • Exhibition (19-21 June)

Alameda de Pontevedra

  • Protesta e celebración do Día Mundial do Decrecemento

Recinto Feiral

  • Free overnight accommodation

Pavillón Universitario de Pontevedra 

  • Showers for people staying at the Recinto Feiral

Sobre Pontevedra

Pontevedra é unha cidade situada no noroeste da Península Ibérica, na comunidade autónoma de Galicia (España). Cunha poboación de máis de 80 000 habitantes, goza de recoñecemento polo seu modelo urbano, no que se dá prioridade á peonalización das rúas e á sustentabilidade, e nos últimos dez anos recibiu varios galardóns, entre eles o Premio ONU-Hábitat en 2014 e a designación como sede de Placemaking Europe en 2022. 

O compromiso de Pontevedra cos principios do decrecemento apréciase nas melloras efectuadas na calidade de vida, a cohesión social e a sustentabilidade ambiental. As zonas sen coches da cidade e as boas conexións do seu sistema de transporte público ofrécenlles ás persoas delegadas da conferencia a ocasión de experimentar de primeira man un estilo de vida urbano sostible. Así mesmo, o tamaño compacto da cidade facilita a deambulación, o que fomentará as oportunidades de establecer contactos e a colaboración entre as persoas participantes na conferencia. 

Ademais da súa dedicación ao decrecemento, Pontevedra conta cun rico patrimonio cultural que combina á perfección o encanto histórico coas comodidades modernas. As súas animadas rúas, prazas e zonas costeiras e fluviais constitúen uns excelentes lugares para as actividades do evento que permitirán mellorar a experiencia global. As persoas participantes tamén terán ocasión de explorar a beleza natural da rexión das Rías Baixas, que inclúe impresionantes costas, exuberantes paisaxes e prestixiosos viñedos.

Máis información sobre a cidade

Visita Pontevedra: https://www.visit-pontevedra.com/gl/ (en inglés, galego e castelán)

Concello de Pontevedra: https://www.pontevedra.gal/ (en galego)

Terras de Pontevedra: https://terrasdepontevedra.org/ (en galego e castelán)

Wikipedia: https://en.wikipedia.org/wiki/Pontevedra(en castelán)

Que ver nos arredores

Pontevedra está situada na provincia do mesmo nome, nunha zona coñecida como as "Rías Baixas". Esta rexión da comunidade autónoma de Galicia é famosa polo seu agradable clima, a súa oferta gastronómica e as súas belas paisaxes, tanto costeiras como de interior. Estes son algúns dos lugares próximos que merece a pena visitar: 

  • Combarro: é unha pequena vila a poucos quilómetros de Pontevedra, famosa polo seu gran número de hórreos, construcións antigas típicas de Galicia, xeralmente de pedra e elevadas do chan sobre varios piares, que tiñan como finalidade almacenar e conservar os alimentos ao abrigo da humidade e dos animais. 
  • O Morrazo: é unha península situada entre as rías de Vigo e Pontevedra onde se poden atopar infinidade de praias, grandes e pequenas, familiares e salvaxes. Na súa zona máis occidental atópase Cabo Home, o punto terrestre máis próximo ás Illas Cíes.
  • Vigo: esta é a cidade máis grande da rexión, situada a só 15 minutos en tren do centro de Pontevedra. Xuño é unha época perfecta para visitar esta cidade, cando as rúas bolen co bo tempo pero o turismo aínda non é excesivo. Se vas non debes deixar de dar un paseo polo porto e o casco antigo, e desfrutar dunha posta de sol dende algún dos chiringuitos das súas praias de area, vendo o sol ocultarse tralas Illas Cíes.
  • Santiago de Compostela: aínda que non forma parte das Rías Baixas, é un lugar de visita obrigada por ser a capital de Galicia e unha das cidades máis coñecidas da comunidade autónoma. Patrimonio da Humanidade dende 1985, a súa catedral é punto de destino dos distintos roteiros de peregrinación do Camiño de Santiago (O Camiño, como se coñece en Galicia).

Estas son só algúns dos lugares que se poden visitar, pero a oferta é enorme. Aquelas persoas que teñan a fortuna de poder prolongar a súa estadía máis aló dos días da Conferencia contarán con infinitas opcións para todos os gustos: mar, interior, praia, montaña, cidades, pobos, cultura, deportes... Se es unha delas e tes dúbidas, os membros do equipo organizador local estarán encantados de compartir contigo as súas recomendacións.