A Universidade de Vigo acollerá a conferencia conxunta das redes internacionais de investigación en decrecemento e a Sociedade Europea de Economía Ecolóxica (ESEE) en Pontevedra entre o 18 e o 21 de xuño de 2024.
- 10ª Conferencia Internacional de Decrecemento: a Conferencia Internacional de Decrecemento vénse desenvolvendo desde 2008 en distintas cidades, que ata agora foron París, Barcelona, Berlín, Venecia, Leipzig, Budapest, Malmö, Viena, Manchester e A Haia. A vindeira edición, correspondente ao ano 2023, terá lugar en Zagreb - lien externe, antes de se trasladar a Pontevedra en 2024.
- 15ª Conferencia da Sociedade Europea de Economía Ecolóxica: esta conferencia organízase cada dous anos e a súa última edición foi a de Pisa en 2022 - lien externe. O evento ofrece un espazo para que o persoal investigador debata sobre as dimensións ecolóxicas, sociais, económicas e políticas da sustentabilidade.