Chamada para o envío de resumos (pechada)

Na actualidade, a ciencia moderna enfróntase a unha situación fundamental e, en última instancia, paradoxal: mentres que no ámbito científico aumentan as voces que cuestionan a interminable procura do crecemento e refutan o seu imaxinario, a maioría das institucións de ciencia, tecnoloxía e innovación (CTI) están en transición cara un modelo que prioriza e financia cada vez máis a investigación aplicada para impulsar o crecemento económico. Desde a enxeñería ata as ciencias aplicadas, a práctica e o discurso ao redor da CTI foron decisivos para adaptar a produción de coñecemento a unha expansión capitalista sen fin. Por tanto, unha sociedade que vaia máis aló do crecemento debe aprender a articular novos imaxinarios e a redefinir a relación existente entre a sociedade e as institucións da ciencia, a tecnoloxía e a innovación

Necesitamos urxentemente desvincular a CTI da procura dun crecemento ilimitado e, con todo, non se reflexionou aínda o suficiente sobre esta importante tarefa. En gran medida, as conversacións sobre como reutilizar a CTI como fenómeno sociopolítico, desvinculado dos fins instrumentais da acumulación capitalista, mantivéronse á marxe da economía ecolóxica e o decrecemento. Cremos que xa é hora de trasladar esta conversa ao primeiro plano e fomentar unhas relacións máis abertas con colegas doutras disciplinas. Neste contexto, propoñemos o tema xeral “Tecnoloxía, ciencia e innovación máis aló do crecemento” como unha invitación aberta a interactuar con outras tradicións académicas que problematizan os imaxinarios e as prácticas tecnolóxicas, aínda que non establecesen unha conexión explícita cos debates sobre o decrecemento. De feito, esta conferencia ofrece, no momento xusto, a oportunidade de tender novas pontes entre o persoal académico que se centra en como o poder e a política dan forma á ciencia e a tecnoloxía e viceversa. A nosa conferencia permitirá establecer vínculos entre o decrecemento, a economía ecolóxica e outras comunidades das ciencias sociais, incluídos os estudos sobre ciencia, tecnoloxía e sociedade (CTS), os estudos críticos en xestión e organización, os estudos sobre investigación e innovación responsables e outros.  

A continuación presentamos unha serie de posibles temas e preguntas xerais que poden orientar este debate. Cando se abra o prazo, as persoas solicitantes remitirán os seus traballos a un dos 13 bloques temáticos - lien externe propostos, non aos subtemas específicos. Os subtemas son indicativos do contido que podería encaixar en cada un deses 13 bloques, pero acéptanse tamén propostas sobre temas que non figuren explicitamente nas listaxes.

Descarga aquí - lien externe a chamada para o envío de resumos e os bloques temáticos.

Enviar unha proposta

As persoas interesadas en enviar unha contribución deben ter en conta as seguintes indicacións: 

- O envío debe realizarse antes do 19 de xaneiro de 2024 ás 23.59h (CET) a través da plataforma electrónica da conferencia - lien externe.

-  Aceptaranse presentacións académicas e non académicas.

- O idioma para o envío de resumos será o inglés.

- Aínda que unha persoa só pode actuar coma presentadora nun máximo de 2 contribucións, non existe límite no número de contribucións no cal pode figurar coma co-autora non presentadora.

- Todos os envíos deben incluir a seguinte información

  • Información sobre persoas autoras e presentadoras (nome, e-mail, organización)
  • Resumo (máximo 400 palabras)
  • Formato da contribución: presentación de panel convencional; interactiva; artística; póster (os detalles sobre os formatos de contribución pódense atopar aquí - lien externe)
  • Selección dos Bloques Temáticos e/ou Sesións Especiais (mínimo 1, máximo 2) que mellor encaixen co contido da contribución. A lista de Bloques Temáticos/Sesións Especiais pode atoparse aquí - lien externe.
  • 3-6 palabras clave
  • Indicar se a contribución ten sido escrita por unha persoa estudante
  • Confirmar que a persoa que fai o envío consinte en actuar coma revisora para outros envíos na súa área de especialización. Coma revisora, cada persoa que realiza un envío recibirá un mínimo de 1 e un máximo de 3 resumos para revisar, en base ás súas áreas de especialización.

Todos os envíos pasarán por un proceso de revisión por pares. As propostas serán avaliadas de acordo aos seguintes criterios

  • Relevancia temática e relación co tema central da conferencia (Ciencia, tecnoloxía e innovación máis aló do crecemento: cultivando a creatividade colectiva para un futuro sostible)
  • Calidade da proposta
  • Calidade de presentación
  • Orixinalidade e creatividade
  • grado de inter e transdisciplinaridade

- Unha vez que o proceso de revisión teña concluído, as persoas autoras recibirán o resultado das súas avaliacións, incluíndo os comentarios de revisión. Disporán de 10 días naturais trala recepción da avaluación para eventuais enmendas e modificacións ás súas propostas. Superado ese prazo, entenderase que as persoas que propoñen a contribución teñen decidido retirala. 

- Aquelas persoas cuxa proposta teña sido aprobada serán contactadas o 30 de abril de 2024, e deberán remitir un resumo extendido (entre 500 e 1200 palabras, excluída a listaxe de referencias) antes do 31 de marzo de 2024. Estos resumos extendidos incluiranse no libro de procedementos que se editará trala Conferencia (que incluirá todos os traballos presentados durante a mesma). 

- As persoas presentadoras das propostas aprobadas deberán rexistrarse para a conferencia e realizar o pago da mesma antes do 22 de abril de 2024 ás 23.59h (CEST). En caso de no facelo, entenderase que non teñen finalmente interese en asistir e as súas presentacións non serán incluídas no programa final nin no libro de procedementos. No caso de haber cambios en relación á persoa presentadora dunha sesión aprobada, deben ser comunicados o antes posible á organización, e a nova persoa presentadora debe realizar o rexistro e o pago nese mesmo prazo. 

Para enviar unha proposta segue este enlace - lien externe