Diálogos plenarios

Durante a Conferencia Internacional ESEE-Decrecemento 2024 contaremos con 7 sesións plenarias. Adoptarán a forma de diálogos nos que nomes destacados no campo da economía ecolóxica e o decrecemento falarán sobre diferentes temas coma a economía circular, os materiais e a industria do plástico, a tecnoloxía, a innovación ou o cambio climático. Todos os diálogos serán retransmitidos en aberto e as gravacións estarán dispoñibles na páxina web da conferencia.