As Sesións Especiais pretenden dar cabida dentro da Conferencia a temas que non estean entre os propostos pola organización, sesións cun tema e formato únicos, ou grupos de persoas que queiran presentar os avances ou resultados dun proxecto específico. Convidamos sesións especiais que ofrezan vías artísticas ou interactivas para aprender, debater e co-crear de maneira transdisciplinar, como danza, futurismo, visionado, pintura, escultura, composición de cancións, teatro, improvisación, poesía, retrospectivas, cafés do mundo, xogos de mesa, ioga e meditación etc.
SESIÓN: Unha sesión é un encontro levado a cabo durante unha franxa horaria e nun espazo concreto, na que unha ou máis persoas relatoras comparten os seus traballos co público. Cada sesión contará cunha persoa que exercerá de moderadora, sendo a responsable do correcto desenvolvemento da mesma.
FRANXA HORARIA: Período de tempo durante o cal ten lugar unha sesión plenaria ou varias sesións paralelas. As sesións plenarias terán unha duración de 1 hora, e as paralaleas de 1.5 horas.
BLOQUE TEMÁTICO: Os 13 grandes bloques - lien externe de temas propostos pola organización.
BLOQUE TEMÁTICO ESPECIAL: Temas que non se atopan entre os 13 grandes bloques propostos pola organización, que deben ser propostos durante a convocatoria de Sesións/Bloques Temáticos especiais, e que teñen que estar sempre relacionados co principal tema da conferencia: Ciencia, tecnoloxía e innovación máis aló do crecemento: cultivando a creatividade colectiva para un futuro sostible.