Convocatoria de propostas de Sesións/Bloques Temáticos Especiais

Descarga a convocatoria de Sesións/Bloques Temáticos Especiais

Obxectivo

As Sesións Especiais pretenden dar cabida dentro da Conferencia a temas que non estean entre os propostos pola organización, sesións cun tema e formato únicos, ou grupos de persoas que queiran presentar os avances ou resultados dun proxecto específico. Convidamos sesións especiais que ofrezan vías artísticas ou interactivas para aprender, debater e co-crear de maneira transdisciplinar, como danza, futurismo, visionado, pintura, escultura, composición de cancións, teatro, improvisación, poesía, retrospectivas, cafés do mundo, xogos de mesa, ioga e meditación etc.

SESIÓN: Unha sesión é un encontro levado a cabo durante unha franxa horaria e nun espazo concreto, na que unha ou máis persoas relatoras comparten os seus traballos co público. Cada sesión contará cunha persoa que exercerá de moderadora, sendo a responsable do correcto desenvolvemento da mesma.

FRANXA HORARIA: Período de tempo durante o cal ten lugar unha sesión plenaria ou varias sesións paralelas. As sesións plenarias terán unha duración de 1 hora, e as paralaleas de 1.5 horas.

BLOQUE TEMÁTICO: Os 13 grandes bloques de temas propostos pola organización.

BLOQUE TEMÁTICO ESPECIAL: Temas que non se atopan entre os 13 grandes bloques propostos pola organización, que deben ser propostos durante a convocatoria de Sesións/Bloques Temáticos especiais, e que teñen que estar sempre relacionados co principal tema da conferencia : Ciencia, tecnoloxía e innovación máis aló do crecemento : cultivando a creatividade colectiva para un futuro sostible.

Tipos de Sesións Especiais

  • Sesións Especiais Abertas: Trátase de sesións organizadas ao redor dun tema específico relacionado co decrecemento e a economía ecolóxica pero que non encaixa claramente en ningún dos temas propostos pola organización da conferencia. Estas sesións estarán abertas á participación de calquera solicitante durante convocatoria de envío de resumos que se abrirá en novembro. 
  • Sesións Especiais Pechadas: Estas sesións organízanse no contexto dun proxecto específico que se axusta ao tema xeral da conferencia. A participación é só por invitación, segundo o determinado polas persoas propoñentes e organizadoras da sesión ; só se permitirá presentar ás persoas previamente aprobadas, incluídas as propias propoñentes. 

As Sesións Especiais seleccionadas desenvolveranse dentro das franxas horarias das sesións paralelas.

As persoas solicitantes tanto de Sesións Especiais Abertas como de Sesións Especiais Pechadas deberán indicar no formulario de solicitude en que formato se desenvolverían as sesións que propoñen (modalidade convencional, interactiva ou artística).

Envío dunha proposta de Sesión/Bloque Temático Especial

As propostas de Sesión Especial deberán enviarse a través da plataforma de envío antes do 16 de outubro de 2023. Para ser aceptada para a súa avaliación, cada proposta debe incluír a seguinte información :

  • Formato da Sesión Especial : Debe seleccionarse entre as modalidades indicadas na páxina "formatos de sesión"(excepto as modalidades "sesión plenaria" e"póster")
  • Organizadoras/es: Haberá un mínimo de 2 e un máximo de 4 persoas organizadoras para cada Sesión Especial. A información facilitada incluirá, para cada unha delas : nome completo, organización e correo electrónico.
  • Título para a sesión/bloque temático proposto
  • Resumo breve (ata 150 palabras) da sesión proposta
  • Palabras clave: un mínimo de 3 e un máximo de 6.
  • Tipo de Sesión Especial (Aberta/Pechada)
  • Bloque(s) temático(s): unha selección de ata un máximo de 2. Se se propón un novo bloque temático non incluído entre os propostos pola organización, a proposta debe incluír unha breve descripción do mesmo. 
  • Unha clara descrición (ata 1000 palabras) da sesión proposta, como podería contribuír á economía ecolóxica e/ou ao decrecemento, e a dinámica proposta para a sesión, incluíndo un número mínimo e máximo de participantes (relatoras/es), a duración óptima (ata 90 minutos), as necesidades de espazo, e calquera outra información relevante para o axeitado desenvolvemento da sesión. Este punto é especialmente relevante para as modalidades interactiva e artística. No caso das sesións interactivas, será necesario incluír unha explicación sobre en que consistiría a participación do público.

    Avaliación

    Calquera persoa pode presentar unha proposta para organizar unha Sesión Especial Aberta ou Pechada. As propostas serán avaliadas polo Comité Científico, co apoio de persoas revisoras externas, de ser necesario, de acordo con os seguintes criterios :  

    • Relevancia temática e relación co tema central da conferencia
    • Calidade da proposta
    • Diversidade de colaboradoras/es (xeográfica, de xénero, rango académico), puidendo incluír contribucións académicas e non académicas.
    • Claridade da presentación
    • Orixinalidade e creatividade
    • Grao de inter e transdisciplinariedade 
    • Experiencia das persoas coordinadoras

    A aprobación dunha proposta de sesión especial tra-la avaliación non garante a súa inclusión definitiva no programa. As contribucións presentadas para sesións especiais durante a convocatoria de envío de resumos someteranse a unha revisión similar á das sesións ordinarias. Para celebrarse, a sesión deberá incluír polo menos 3 contribucións aprobadas ou o número mínimo indicado na presentación da sesión especial. No caso de sesións que non acaden o número mínimo de contribucións aprobadas, ou que non cubran unha franxa horaria completa, o equipo organizador da conferencia poderá decidir se cancela a sesión ou a fusiona con outra sesión relacionada.

    Organización das Sesións Especiais

    As persoas organizadoras serán responsables das súas sesións, traballando sempre en estreito contacto ca organización da Conferencia. Algunhas das súas funcións serán :

    • Participar na revisión e avaliación das contribucións presentadas para a súa sesión.
    • Presidir a sesión ou nomear a unha persoa que a presida
    • Apoiar ás persoas participantes na sesión e axudarlles a resolver as dúbidas ou dificultades que poidan xurdir. 
    • Velar para que as persoas participantes coñezan o funcionamento da sesión e respecten os obxectivos e as normas.
    • Calquera outro asunto directamente relacionado coa súa sesión

    Envío de propostas