1) Investigación crítica e publicación con Dr Alexander Dunlap - lien externe
Máis aló das formalidades das revistas académicas, soe haber diversas expectativas e requisitos "tácitos" para publicar con éxito unha investigación, algo especialmente difícil para aquelas persoas que se adican á investigación crítica. Por isto, esta sesión centrarase na mellora das técnicas de publicación para este tipo de investigación. A sesión correrá a cargo do Dr. Alexander Dunlap, antropólogo social que traballa no eido da ecoloxía política, o desenvolvemento extractivista, e as tecnoloxías con baixas emisións de carbono. É coeditor de Human Geography e forma parte do consello editorial de varias revistas, coma Journal of Political Ecology & Globalizations.
2) Investigación e métodos basados nas artes coa Dra Sofia Greaves - lien externe
Nesta sesión explorarase a investigación artística como metodoloxía para o decrecemento. Máis aló do marco común da arte como medio para comunicar feitos científicos, comprometémonos coa arte como metodoloxía para a creación de coñecemento. Falaremos de por que a investigación basada na arte é importante para o decrecemento, ademáis de explorar como pode aplicarse ás respectivas áreas de investigación das perosas participantes. De forma colectiva, experimentaremos métodos basados na arte e crearemos expresións artísticas que levaremos para a casa.
3) Sobrevivir ao mundo académico con Susana Fernández - lien externe e Dr Brototi Roy - lien externe
Esta sesión divídese en dúas partes. Para a primera parte, teremos un taller facilitado por Susana Fernández sobre como elaborar un perfil para a financiación de posdoutoramento e como escribir unha proposta para convocatorias posdoutorais. Para a segunda parte, sobre como sobrevivir no mundo académico sendo unha investigadora ou investigador crítico, contaremos coa Dra. Brototi Roy, economista ecolóxica que traballa sobre as pegadas materiais da transición enerxética desde unha perspectiva enraizada na ecoloxía política. Compartirá con nós a súa experiencia como académica radical.